viernes, 19 de febrero de 2016

XUSTIFICACIÓN E PUNTO DE PARTIDA

O seminario de traballo "FERRAMENTAS PARA O PENSAMENTO CREATIVO A TRAVÉS DAS TÉCNICAS ARTÍSTICAS E A SÚA APLICACIÓN NO ENSINO" nace como unha necesidade do profesorado en canto á Educación Artística e á creatividade. Vivimos nun tempo no que o horario destinado á Educación Artística é case anecdótico, e pola contra, a sociedade ven esixindo que os individuos sexan cada vez máis creativos e educados emocionalmente. Vimos observando que o profesorado ten boa intención pero non ten formación, e as prácticas e exercicios que se lles ofrecen aos alumnos son en moitas ocasións erróneos e perxudiciais para conseguir un pensamento creativo. Pesan moito as experiencias e vivencias anteriores do personal docente, así como a crenza equivocada de que non todos somos persoas creativas. A proliferación das novas tecnoloxías aportounos moitos avances e proporcionounos multitude de materiais (fotocopias, coloreables, modelos, plantillas, manualidades…) e que se converteron casi exclusivamente en exercicios que anulan a creatividade e iniciativa do alumnado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario