· Análise
e valoración das producións e dos procesos
Unha vez elaborado,
experimentado e recopilado o material producido recollerase na memoria a
valoración do profesorado participante con respecto á súa propia producción, a
aportación dos demais membros e a valoración xeral do grado de satisfacción cos
obxectivos plantexados polo seminario de traballo.
· Aplicación
e repercusión do proxecto na práctica educativa.
Os
novos procedementos e actividades para o proceso de ensinanza aprendizaxe serán
implementados na aula e recollidas as impresións do profesorado con respecto ás
dificultades e cualidades da proposta.
· Metodoloxía
empregada.
Finalizado
o proxecto recollarase na memoria final a impresión dos participantes sobre a
metodoloxía empregada, o grado de participación e de satisfación cos resultados
desa metodoloxía.
Cada
participante entregará unha ficha na que reflexe cuantitativamete o grao de
satisfación co traballo realizado e se valore: consecución dos obxectivos,
metodoloxía, implicación, repercusión na práctica docente, cantidade e calidade
do material empregado, cantidade e calidade do material producido, coordinación
do grupo, calidade das ponencias e a organización dos recursos humanos e
materiais, etc.
Unha vez finalizado
o traballo do grupo recolleremos as propostas de mellora e, no seu caso, de
continuidade do traballo para vindeiros cursos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario