1º exercicio. A estampación.
Para realizar a estampación sobre papel, realízase previamente un exercicio de grabado sobre planchas de poliuretano. A través de esta técnica conséguense resultados realmente vistosos.
2º exercicio. A composición a partir de obxectos de reciclaxe
Abalorios, lazos, botóns, teas ... e todo tipo de pequenos obxectos poden formar dunha composición nova, dunha escultura, etc...
Precisamos silicona líquida e imaxinación para engarzalos e mesturalos. Os resultados son sorprendentes!
3º exercicio. A escultura.
Os únicos materiais empregados son:
- Arame
- Papel de periódico.
- Cinta de pintor.
- Pintura
A técnica consiste en dar forma co arame e despois recubrila con papel de periódico, e finalmente con cinta de pintor. Sorprende a maleabilidade dos materiais e as posibilidades que estes teñen para conseguir diferentes formas.
Dámoslle finalmente cor coas pinturas.
Experiencia do profesorado do CEIP Ana María Diéguez arredor da Educación Plástica e a creatividade
domingo, 29 de mayo de 2016
lunes, 22 de febrero de 2016
SESIÓNS DE DOCENCIA. ANA COSTAS
Ana Costas comeza a súa incursión no mundo artístico dende o eido do Deseño no que está diplomada. A súa traxectoria abrangue un amplo abano: o vestiario de espectáculo, a ilustración de libros, publicacións, pintura, exposicións... e o ensino da arte en talleres para todas as edades e modalidades: Pintura, Debuxo, Arte e Coaching e Arte Terapia... unha especialidade na que está postgraduada. Leva facendo colaboracións en diversos campos artísticos, no Centro Dramático Galego, VICI produccións, Faro Edicións, e outras productoras de cine e teatro; Editoriais: Sotelo Blanco, Auga Editora, La Voz de Galicia, Edicións do Castro; Arte e Coaching con Cris Bolivar Institute e Auladeideas; de Intervención Social e Cultural como Xeneme, Fundación Ronsel e outras entidades, Concellos, Deputacións e institucións públicas e privadas.
ROSALIANAS
Exposicións:
2015
Poemas de Auga (Pazo Fonseca) Miquel Rovira (Alicante) "Olladas de Mulleres" Deputación de Lugo Ilustracións Guía "180 Anos de historia provincial" Deputación de Lugo
2013
Fundación Barrié de la Maza Gravados dixitais mariquitas recortables Rosalianas con motivo da exposición conmemorativa do 150 aniversario de "Cantares Gallegos" "Cantares Gallegos" Ilustracións da adaptación de Mercedes Pacheco para Auga Editora
2012
Museo provincial de Lugo: "A arte de ser muller nun mundo por compartir"
2011
Deputación de Lugo Museo Pazo de Tor Museo do Mar Museo etnográfico S. Paio de Narla
2008
Exposición e Performance "Lolitas pallasas" Asociación de artistas de Lisboa
2007
Xunta de Galicia Ed. Servicios Múltiples (Lugo) Clínica Buchinguer (Marbella-Málaga) Galería virtual Minimarte Roteiro 2007
2006
Asociación de amigos dos museos (Sala Ártabra-Coruña)
2005
"Fragmentos dun soño", obra seleccionada como portada do disco nº7 adicado ó século XX Orquesta REal Filarmonía de Santiago. Director Antonio Ros Marbá. Colección Música Clásica Galega.
2004
Galería Miquel Rovira (Alicante)
2003
Colectiva José Lorenzo (Santiago de Compostela)
2002
Galería Antonio Camba (Palma de Mallorca) Galería Citania (Santiago de Compostela) Palacio S. Boal, Univ. de Estudios japoneses (Salamanca)
2001
Centro de Arte y Cultura La Canela (Cádiz) Galería Gravura (Málaga)
2000
Casa de la Cultura Vejer de la Frontera (Cádiz) Exposición itinerante "Expresión de mujer" (Cádiz) Cárcel Real (Tarifa-Cádiz) Iglesia de S. Jerónimo (Toledo) "Emboscada" Homenaje al Bosco Palacio de la Diputación de Cádiz 1999 Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela) Exp. itinerante GALIX (España-Portugal) "Debúxame un conto" Casa Cultura Concello de Porto do Son
2º SESIÓN DE DOCENCIA
PRIMEIRO EXERCICIO:
Os cánones básicos do retrato
SEGUNDO EXERCICIO
Sr. Potatoe
TERCEIRO EXERCICIO
A cara Picassiana
1ª SESIÓN DE DOCENCIA
MARCO TEÓRICO:
PRIMEIRO EXERCICIO: MONOTIPIA
APLICACIÓN DIDÁCTICA:
Intervención de imaxes
SEGUNDO EXERCICIO:
APLICACIÓN DIDÁCTICA:
Intervindo láminas de Castelao I. Traballo individual
O exercicio desenvólvese en diferentes fases:
- Seleccionar e recortar personaxes das láminas de Castelao.
- Elaborar un fondo mesturando xiz de cores sobre un soporte de papel.
- Situar aos personaxes sobre o fondo.
- Engadir sombras ou elementos que se consideren empregando carboncillo e difunino
Intervindo láminas de Castelao II. Traballo en grupo
O proceso é similar ao anterior pero a gran tamaño.
PRIMEIRO EXERCICIO: MONOTIPIA
APLICACIÓN DIDÁCTICA:
Intervención de imaxes
SEGUNDO EXERCICIO:
APLICACIÓN DIDÁCTICA:
Intervindo láminas de Castelao I. Traballo individual
O exercicio desenvólvese en diferentes fases:
- Seleccionar e recortar personaxes das láminas de Castelao.
- Elaborar un fondo mesturando xiz de cores sobre un soporte de papel.
- Situar aos personaxes sobre o fondo.
- Engadir sombras ou elementos que se consideren empregando carboncillo e difunino
Intervindo láminas de Castelao II. Traballo en grupo
O proceso é similar ao anterior pero a gran tamaño.
viernes, 19 de febrero de 2016
Proceso e criterios para a avaliación do proxecto
· Análise
e valoración das producións e dos procesos
Unha vez elaborado,
experimentado e recopilado o material producido recollerase na memoria a
valoración do profesorado participante con respecto á súa propia producción, a
aportación dos demais membros e a valoración xeral do grado de satisfacción cos
obxectivos plantexados polo seminario de traballo.
· Aplicación
e repercusión do proxecto na práctica educativa.
Os
novos procedementos e actividades para o proceso de ensinanza aprendizaxe serán
implementados na aula e recollidas as impresións do profesorado con respecto ás
dificultades e cualidades da proposta.
· Metodoloxía
empregada.
Finalizado
o proxecto recollarase na memoria final a impresión dos participantes sobre a
metodoloxía empregada, o grado de participación e de satisfación cos resultados
desa metodoloxía.
Cada
participante entregará unha ficha na que reflexe cuantitativamete o grao de
satisfación co traballo realizado e se valore: consecución dos obxectivos,
metodoloxía, implicación, repercusión na práctica docente, cantidade e calidade
do material empregado, cantidade e calidade do material producido, coordinación
do grupo, calidade das ponencias e a organización dos recursos humanos e
materiais, etc.
Unha vez finalizado
o traballo do grupo recolleremos as propostas de mellora e, no seu caso, de
continuidade do traballo para vindeiros cursos.
Organización de recursos humanos e materiais
O
elemento material para o desenvolvemento do Seminario limítase ao material
funxible que atopamos nun centro educativo (pintura témpera, acrílico,
látex…distintos tipos de papel, cartolinas, cartón…, material adhesivo,
pegamento, cola…etc.) así como material reciclado (caixas, botellas, teas,
recipientes, etc.) .
- Precisarase unha aula espaciosa
na que traballar comodamente cos diferentes materias.
- En canto aos recursos humanos, é
indispensable o traballo colaborativo dos mestres e do ponente, que servirá en
todo momento de guía.
Metodoloxía que se pretende seguir
A metodoloxía será práctica e activa a
través de ponencias e exercicios , resultado dun primeiro achegamento teórico.
O profesorado implicado perseguirá en todo
momento a aplicación do aprendido na súa aula co grupo-clase e nas actividades
organizadas polo centro.
A autoavaliación debe ser continua, introspectiva
e autocrítica e valorando sempre o proceso máis que o producto
Programa de actividades coa súa temporalización
PRIMEIRO
TRIMESTRE
·
Achegamento teórico e
reflexión da práctica docente na Área de Educación Artística.
·
Relación da psicoloxía
infantil e das etapas evolutivas dos nenos e nenas frente ao proceso creativo. Competencias
Básicas que se desenvolven coas diferentes estratexias metodolóxicas dentro da
Educación Artística.
·
As etapas creativas no desenvolvemento creativo.
SEGUNDO TRIMESTRE
·
Coñecemento e práctica de diferentes técnicas artísticas
adaptadas aos niveis e contidos da Ed. Infantil e Ed. Primaria.
·
Exercicios e estratexias para o desenvolvemento creativo
e o afianzamento da técnica.
·
A técnica como ferramenta e non como fin.
·
Deseño e implementación de procedementos que impliquen
unha nova metodoloxía nas distintas áreas e niveis.
·
Rexistro de actividades e procedementos.
TERCEIRO TRIMESTRE
·
Valoración da posta en práctica dos materiais e
procedementos utilizados.
·
Valoración dos resultados obtidos polo alumnado.
·
Valoración do grado de satisfacción e acomodación do
profesorado co novo material e metodoloxía.
·
Contraste do uso de
metodoloxía anteriormente empregada e a nova metodoloxía.
CONTIDOS
Técnicas do debuxo:
- O canon básico da anatomía humana
- A mesa de luz: construcción e uso
- O Boceto
- O Volume
- Mr.
and Mss. Potatoe
- Interpretación de imaxes a partir
de fotos ou do natural
Técnicas artísticas
-
Ténicas secas
- Técnicas á auga
- Técnicas mixtas
- A cor
- A textura
Composición
- Orden no caos.
- Distribución de formas sobre un plano
A composición tridimensional:
- A Arte obxecto
- A escultura
- elementos de reciclaxe
A perspectiva.
- A ilusión visual. cando é
adecuado explicala e como
- Exercicios sobre plano
A elipse narrativa
A fiestra imaxinaria e a realidade
4.5 Marco teórico: As etapas do
desenvolvemento creativo, intelectual e motriz
OBXECTIVOS
1. Valoración, reflexión e autocrítica do métodos e procedementos que se veñen utilizando na Área de Educación Artística, en especial na expresión Plástica, analizando cal é a intención do docente e a do neno ante o proceso creativo.
2. Coñecemento e creación de novos procedementos mediante o achegamento teórico e práctica de diferentes técnicas artísticas, que impliquen unha nova e mellor metodoloxía, buscando non só a finalidade do producto, senón o enriquecemento de vivir o proceso creativo.
3. Creación de actividades para a posta en práctica dos exercicios e técnicas propostas para cada un dos niveis.
4. Creación de actividades relacionadas cos centros de interese que se desenvolverán ao longo do curso 2015-2016. Exemplo: OS ECOSISTEMAS
5. Consolidación dunha metodoloxía, procedementos e materiais que sexa extensible, consensuada e coherente para as distintas etapas e ciclos.
2. Coñecemento e creación de novos procedementos mediante o achegamento teórico e práctica de diferentes técnicas artísticas, que impliquen unha nova e mellor metodoloxía, buscando non só a finalidade do producto, senón o enriquecemento de vivir o proceso creativo.
3. Creación de actividades para a posta en práctica dos exercicios e técnicas propostas para cada un dos niveis.
4. Creación de actividades relacionadas cos centros de interese que se desenvolverán ao longo do curso 2015-2016. Exemplo: OS ECOSISTEMAS
5. Consolidación dunha metodoloxía, procedementos e materiais que sexa extensible, consensuada e coherente para as distintas etapas e ciclos.
Importancia do proxecto para a práctica pedagóxica do grupo de participantes
Importancia do proxecto para a práctica pedagóxica do grupo de participantes
A importancia na práctica pedagóxica do profesorado é máxima, xa que consideramos fundamental a actividade artística, en especial a Plástica, nas etapas da Educación Infantil e Primaria, xa que é un medio de expresión básico para os nenos e nenas nas primeiras idades.
XUSTIFICACIÓN E PUNTO DE PARTIDA
O seminario de traballo "FERRAMENTAS PARA O PENSAMENTO CREATIVO A TRAVÉS DAS TÉCNICAS ARTÍSTICAS E A SÚA APLICACIÓN NO ENSINO" nace como unha necesidade do profesorado en canto á Educación Artística e á creatividade. Vivimos nun tempo no que o horario destinado á Educación Artística é case anecdótico, e pola contra, a sociedade ven esixindo que os individuos sexan cada vez máis creativos e educados emocionalmente.
Vimos observando que o profesorado ten boa intención pero non ten formación, e as prácticas e exercicios que se lles ofrecen aos alumnos son en moitas ocasións erróneos e perxudiciais para conseguir un pensamento creativo. Pesan moito as experiencias e vivencias anteriores do personal docente, así como a crenza equivocada de que non todos somos persoas creativas.
A proliferación das novas tecnoloxías aportounos moitos avances e proporcionounos multitude de materiais (fotocopias, coloreables, modelos, plantillas, manualidades…) e que se converteron casi exclusivamente en exercicios que anulan a creatividade e iniciativa do alumnado.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)