domingo, 29 de mayo de 2016

3ª SESIÓN. VOLUME

1º exercicio. A estampación.

Para realizar a estampación sobre papel, realízase previamente un exercicio de grabado sobre planchas de poliuretano. A través de esta técnica conséguense resultados realmente vistosos.



2º exercicio. A composición a partir de obxectos de reciclaxe

Abalorios, lazos, botóns, teas ... e todo tipo de pequenos obxectos poden formar dunha composición nova, dunha escultura, etc... 
Precisamos silicona líquida e imaxinación para engarzalos e mesturalos. Os resultados son sorprendentes!






3º exercicio. A escultura.

Os únicos materiais empregados son:
- Arame
- Papel de periódico.
- Cinta de pintor.
- Pintura


A técnica consiste en dar forma co arame e despois recubrila con papel de periódico, e finalmente con cinta de pintor. Sorprende a maleabilidade dos materiais e as posibilidades que estes teñen para conseguir diferentes formas.

Dámoslle finalmente cor coas pinturas.










lunes, 22 de febrero de 2016

SESIÓNS DE DOCENCIA. ANA COSTAS


Ana Costas comeza a súa incursión no mundo artístico dende o eido do Deseño no que está diplomada. A súa traxectoria abrangue un amplo abano: o vestiario de espectáculo, a ilustración de libros, publicacións, pintura, exposicións... e o ensino da arte en talleres para todas as edades e modalidades: Pintura, Debuxo, Arte e Coaching e Arte Terapia... unha especialidade na que está postgraduada. Leva facendo colaboracións en diversos campos artísticos, no Centro Dramático Galego, VICI produccións, Faro Edicións, e outras productoras de cine e teatro; Editoriais: Sotelo Blanco, Auga Editora, La Voz de Galicia, Edicións do Castro; Arte e Coaching con Cris Bolivar Institute e Auladeideas; de Intervención Social e Cultural como Xeneme, Fundación Ronsel e outras entidades, Concellos, Deputacións e institucións públicas e privadas.



  ROSALIANAS

Exposicións:
 2015
 Poemas de Auga (Pazo Fonseca) Miquel Rovira (Alicante) "Olladas de Mulleres" Deputación de Lugo Ilustracións Guía "180 Anos de historia provincial" Deputación de Lugo

 2013
 Fundación Barrié de la Maza Gravados dixitais mariquitas recortables Rosalianas con motivo da exposición conmemorativa do 150 aniversario de "Cantares Gallegos" "Cantares Gallegos" Ilustracións da adaptación de Mercedes Pacheco para Auga Editora

 2012
Museo provincial de Lugo: "A arte de ser muller nun mundo por compartir"

 2011
 Deputación de Lugo Museo Pazo de Tor Museo do Mar Museo etnográfico S. Paio de Narla

 2008
Exposición e Performance "Lolitas pallasas" Asociación de artistas de Lisboa

 2007
 Xunta de Galicia Ed. Servicios Múltiples (Lugo) Clínica Buchinguer (Marbella-Málaga) Galería virtual Minimarte Roteiro 2007

 2006
 Asociación de amigos dos museos (Sala Ártabra-Coruña)

 2005
 "Fragmentos dun soño", obra seleccionada como portada do disco nº7 adicado ó século XX Orquesta REal Filarmonía de Santiago. Director Antonio Ros Marbá. Colección Música Clásica Galega.

2004
Galería Miquel Rovira (Alicante)

 2003
Colectiva José Lorenzo (Santiago de Compostela)

 2002
Galería Antonio Camba (Palma de Mallorca) Galería Citania (Santiago de Compostela) Palacio S. Boal, Univ. de Estudios japoneses (Salamanca)

 2001
 Centro de Arte y Cultura La Canela (Cádiz) Galería Gravura (Málaga)

 2000
Casa de la Cultura Vejer de la Frontera (Cádiz) Exposición itinerante "Expresión de mujer" (Cádiz) Cárcel Real (Tarifa-Cádiz) Iglesia de S. Jerónimo (Toledo) "Emboscada" Homenaje al Bosco Palacio de la Diputación de Cádiz 1999 Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela) Exp. itinerante GALIX (España-Portugal) "Debúxame un conto" Casa Cultura Concello de Porto do Son

2º SESIÓN DE DOCENCIA



PRIMEIRO EXERCICIO:
Os cánones básicos do retrato















SEGUNDO EXERCICIO
Sr. Potatoe


TERCEIRO EXERCICIO
A cara Picassiana

1ª SESIÓN DE DOCENCIA

MARCO TEÓRICO:
PRIMEIRO EXERCICIO: MONOTIPIA

 
APLICACIÓN DIDÁCTICA: 
Intervención de imaxes

SEGUNDO EXERCICIO:



APLICACIÓN DIDÁCTICA:

Intervindo láminas de Castelao I. Traballo individual

 O exercicio desenvólvese en diferentes fases:

- Seleccionar e recortar personaxes das láminas de Castelao.
 - Elaborar un fondo mesturando xiz de cores sobre un soporte de papel.
- Situar aos personaxes sobre o fondo.
 - Engadir sombras ou elementos que se consideren empregando carboncillo e difunino



 
Intervindo láminas de Castelao II. Traballo en grupo

 O proceso é similar ao anterior pero a gran tamaño.


viernes, 19 de febrero de 2016

Proceso e criterios para a avaliación do proxecto


·    Análise e valoración das producións e dos procesos
Unha vez elaborado, experimentado e recopilado o material producido recollerase na memoria a valoración do profesorado participante con respecto á súa propia producción, a aportación dos demais membros e a valoración xeral do grado de satisfacción cos obxectivos plantexados polo seminario de traballo.
·    Aplicación e repercusión do proxecto na práctica educativa.
     Os novos procedementos e actividades para o proceso de ensinanza aprendizaxe serán implementados na aula e recollidas as impresións do profesorado con respecto ás dificultades e cualidades da proposta.
·    Metodoloxía empregada. 
     Finalizado o proxecto recollarase na memoria final a impresión dos participantes sobre a metodoloxía empregada, o grado de participación e de satisfación cos resultados desa metodoloxía.
     Cada participante entregará unha ficha na que reflexe cuantitativamete o grao de satisfación co traballo realizado e se valore: consecución dos obxectivos, metodoloxía, implicación, repercusión na práctica docente, cantidade e calidade do material empregado, cantidade e calidade do material producido, coordinación do grupo, calidade das ponencias e a organización dos recursos humanos e materiais, etc.

Unha vez finalizado o traballo do grupo recolleremos as propostas de mellora e, no seu caso, de continuidade do traballo para vindeiros cursos.

Organización de recursos humanos e materiais


      O elemento material para o desenvolvemento do Seminario limítase ao material funxible que atopamos nun centro educativo (pintura témpera, acrílico, látex…distintos tipos de papel, cartolinas, cartón…, material adhesivo, pegamento, cola…etc.) así como material reciclado (caixas, botellas, teas, recipientes, etc.) .
- Precisarase unha aula espaciosa na que traballar comodamente cos diferentes materias.
- En canto aos recursos humanos, é indispensable o traballo colaborativo dos mestres e do ponente, que servirá en todo momento de guía.


Metodoloxía que se pretende seguir


      A metodoloxía será práctica e activa a través de ponencias e exercicios , resultado dun primeiro achegamento teórico.
      O profesorado implicado perseguirá en todo momento a aplicación do aprendido na súa aula co grupo-clase e nas actividades organizadas polo centro.

      A autoavaliación debe ser continua, introspectiva e autocrítica e valorando sempre o proceso máis que o producto