viernes, 19 de febrero de 2016

CONTIDOS

 Técnicas do debuxo:
- O canon básico da anatomía humana
- A mesa de luz: construcción e uso
- O Boceto
- O Volume
- Mr. and Mss. Potatoe
- Interpretación de imaxes a partir de fotos ou do natural

Técnicas artísticas
-  Ténicas secas
- Técnicas á auga
- Técnicas mixtas
- A cor
- A textura

 Composición
- Orden no caos.
-  Distribución de formas sobre un plano

 A composición tridimensional:
- A Arte obxecto
- A escultura
- elementos de reciclaxe

 A perspectiva.
- A ilusión visual. cando é adecuado explicala e como
- Exercicios sobre plano
A elipse narrativa
A fiestra imaxinaria e a realidade
4.5 Marco teórico: As etapas do desenvolvemento creativo, intelectual e motriz


OBXECTIVOS

1. Valoración, reflexión e autocrítica do métodos e procedementos que se veñen utilizando na Área de Educación Artística, en especial na expresión Plástica, analizando cal é a intención do docente e a do neno ante o proceso creativo.
 2. Coñecemento e creación de novos procedementos mediante o achegamento teórico e práctica de diferentes técnicas artísticas, que impliquen unha nova e mellor metodoloxía, buscando non só a finalidade do producto, senón o enriquecemento de vivir o proceso creativo.
 3. Creación de actividades para a posta en práctica dos exercicios e técnicas propostas para cada un dos niveis.
 4. Creación de actividades relacionadas cos centros de interese que se desenvolverán ao longo do curso 2015-2016. Exemplo: OS ECOSISTEMAS
 5. Consolidación dunha metodoloxía, procedementos e materiais que sexa extensible, consensuada e coherente para as distintas etapas e ciclos.

Importancia do proxecto para a práctica pedagóxica do grupo de participantes

Importancia do proxecto para a práctica pedagóxica do grupo de participantes A importancia na práctica pedagóxica do profesorado é máxima, xa que consideramos fundamental a actividade artística, en especial a Plástica, nas etapas da Educación Infantil e Primaria, xa que é un medio de expresión básico para os nenos e nenas nas primeiras idades.

XUSTIFICACIÓN E PUNTO DE PARTIDA

O seminario de traballo "FERRAMENTAS PARA O PENSAMENTO CREATIVO A TRAVÉS DAS TÉCNICAS ARTÍSTICAS E A SÚA APLICACIÓN NO ENSINO" nace como unha necesidade do profesorado en canto á Educación Artística e á creatividade. Vivimos nun tempo no que o horario destinado á Educación Artística é case anecdótico, e pola contra, a sociedade ven esixindo que os individuos sexan cada vez máis creativos e educados emocionalmente. Vimos observando que o profesorado ten boa intención pero non ten formación, e as prácticas e exercicios que se lles ofrecen aos alumnos son en moitas ocasións erróneos e perxudiciais para conseguir un pensamento creativo. Pesan moito as experiencias e vivencias anteriores do personal docente, así como a crenza equivocada de que non todos somos persoas creativas. A proliferación das novas tecnoloxías aportounos moitos avances e proporcionounos multitude de materiais (fotocopias, coloreables, modelos, plantillas, manualidades…) e que se converteron casi exclusivamente en exercicios que anulan a creatividade e iniciativa do alumnado.