domingo, 29 de mayo de 2016

3ª SESIÓN. VOLUME

1º exercicio. A estampación.

Para realizar a estampación sobre papel, realízase previamente un exercicio de grabado sobre planchas de poliuretano. A través de esta técnica conséguense resultados realmente vistosos.



2º exercicio. A composición a partir de obxectos de reciclaxe

Abalorios, lazos, botóns, teas ... e todo tipo de pequenos obxectos poden formar dunha composición nova, dunha escultura, etc... 
Precisamos silicona líquida e imaxinación para engarzalos e mesturalos. Os resultados son sorprendentes!






3º exercicio. A escultura.

Os únicos materiais empregados son:
- Arame
- Papel de periódico.
- Cinta de pintor.
- Pintura


A técnica consiste en dar forma co arame e despois recubrila con papel de periódico, e finalmente con cinta de pintor. Sorprende a maleabilidade dos materiais e as posibilidades que estes teñen para conseguir diferentes formas.

Dámoslle finalmente cor coas pinturas.